Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

"O meu nick é XELA"

Imaxe
O seguinte podcast foi elaborado para o III Concurso de Podcasts "Radio na Biblio"... Tratamos de dar a coñecer á escritora homenaxeada nas Letras Galegas neste 2021, Xela Arias, dende un punto de vista orixinal e entretido... Anímaste a escoitalo? Podcast - "XELA ARIAS - Letras Galegas 2021"

5º - "Quinto na Onda"

Imaxe
Programa de variedades con temática musical, a través de curiosidades, concursos e entrevistas... Realizado polo alumnado de 5º curso e coordinado polo profe de prácticas Ismael. Esperamos que vos guste... nós pasámolo xenial preparándoo!   Podcast - "Quinto na Onda" 

6º Compositores famosos

Imaxe
 En primeiro lugar eleximos o compositor que quería traballar cada un. Despois descargamos unha das súas obras máis representativas, para finalmente recortar os fragmentos da obra que poderedes escoitar neste podcast sobre compositores. Esperamos que vos guste e que aprendades moito sobre estes personaxes! Podcast - VIVALDI "Las cuatro estaciones" ... por Brais S., Brais B., Jacobo, Aroa e Cándido. Podcast - CHOPIN "Nocturno en C#minor" e BEETHOVEN "Marcha Turca" ... por Alejandro e Pablo. Podcast - MOZART "Marcha Turca" e BEETHOVEN "Quinta Sinfonía" ... por César, Lara e Rubén.

4º Programa de variedades 1 - "Ferro A FONDO"

Imaxe
Os nenos e nenas de 4ºB preparamos o programa de variedades "Ferro A FONDO" cunha recopilación de actividades, chistes, recomendacións, curiosidades... Anímate a escoitalo! Podcast 4º- VARIEDADES programa 1

HIT nº1 o día do meu nacemento

Imaxe
Os alumnos e alumnas de 5º curso investigamos cal foi a canción que soaba na radio o día do noso nacemento... Cada un de nós descargou a canción e recortou as partes máis significativas (intro, estribillo e coda) como traballo de edición na clase de música. Despois recollimos en Internet información sobre o artista da canción e preparamos os seguintes podcast na radio: ALMA - Rihanna "Only Girl" ÁNGEL - Eminem "Love the way you lie" ANTÍA - Rihanna "Rude boy" ARIANA - BoB & Bruno Mars "Nothing on you" IVÁN - Katy Perry "California Gurls" JOHANA - Rihanna "Whats my name" MARCOS - Black Eyed Peas "Inma Be" SARA - Ke$ha "Tik Tok" VALERIA - Katy Perry "California Gurls"

Entrevista a LAURA BUGALHO - (8 marzo 2021)

Imaxe
Con motivo da celebración do 8M (Día Internacional da Muller) quixemos entrevistar a Laura Bugalho, unha das mulleres trans que destaca pola súa actividade profesional. Esta actividade enmárcase dentro do Plan de Igualdade do colexio, a través do cal, cada ano, realizamos actividades para visibilizar a diversidade na que vivimos, para aprender a valorala e a respectala. Enlace ao podcast da entrevista: Entrevista a Laura Bugalho Enlace a todas as actividades 8M-2021 na web do colexio (vídeos, fotos...)

ANUNCIOS PUBLICITARIOS 6º

Imaxe
  Escoita os anuncios que gravamos para promocionar as nosas tendas, produtos, etc.  Primeiro gravamos a voz na radio e posteriormente nós mesmos editamos os anuncios introducíndolle música co programa libre Audacity. Quedaron moi profesionais, de seguro que che gustarán! Tamén imprimimos os "códigos QR" para acceder ás gravacións e pegámolos nos carteis publicitarios que están no corredor do cole , para poder escoitalos coas tablets da biblioteca! Pincha para escoitar os anuncios: Alejandro - Concesionario "RS.CAR" Aroa - Pastelaría "Miña Tía"  Brais B. - Panadería "Casal"... onde o pan non sabe nada mal Brais S. - Ferretería "Suárez" Cándido - Detergente "Imponente" César - Protectora de animais Jacobo - Lexía "María"... a mellor garantía Lara - Guantillas "Marabilla"... para non facerte as mans tortilla Pablo - Cruceiro "Symphony of the Seas" Rubén - Camisetas "Biza-rap"

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)