Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Día das artes galegas adicado a Luis Seoane

Imaxe
Este ano o día das artes galegas adicouse ao xenial pintor Luis Seoane. En Onda ferro tivemos a sorte de poder entrevistar "en persoa" ao gran pintor galego. Falounos da súa vida e da súa obra, co que todos e todas nos achegamos un pouquiño máis a el. Escoita aquí a entrevista.

Entrevista a un MARCIANO

Imaxe
Facendo probas cos efectos da mesa de radio... Improvisación sobre unha posible situación no futuro: a astronauta Aroa descubre un novo planeta no que pode haber vida... Podcast - 4º "Entrevista a un Marciano"

Supermercado "SUPER-FERRO"

Imaxe
O Supermercado do colexio ten infinitas posibilidades de divertimento e aprendizaxe... Así nolo contan os nenos e nenas de 4º curso: Podcast - 4º Supermercado "SUPER-FERRO"

Entrevista ao grupo "THE STARS"

Imaxe
Levan moitos anos xuntos, facendo actuacións nas celebracións do colexio, ensaiando nos recreos, compartindo momentos inesquecibles e agasallándonos coa súa frescura... Hoxe, en Onda Ferro, entrevista aos compoñentes deste grupo artístico-musical: Podcast - 6º Entrevistas "THE STARS"

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
O 5 de abril foi o Día Mundial da Saúde... O alumnado de 4º curso dános uns consellos para estar máis saudables: Podcast - 4º DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

2º ANUNCIOS: Buscar traballo

Imaxe
Que queres ser de maior? Sabes como conseguilo? Estudar moito, ser constante, ter ilusión... iso é o máis importante, pero... Saberías como facer un anuncio para que poidan contratarte? Podcast - 2º ANUNCIOS "Busco traballo"

2º curso - RECOMENDACIÓN DE LIBROS

Imaxe
Os nenos e nenas de 2º curso recoméndanvos as súas lecturas favoritas... Xa as coñeces? Podcast - 2º Recomendación de libros

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)