Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

UN DEBATE CON EMPATE: "FÚTBOL" (si ou non)

Imaxe
Nesta ocasión, o alumnado de 2º e 3º curso porá a debate o FÚTBOL no patio do colexio .  Como é un traballo de argumentación de ideas, dividiuse á clase en dous grupos a través dun sorteo: os que estarán a favor de xogar ao fútbol no recreo e os que terán que defender o contrario. Máis de un prefería que lle tocase estar no outro equipo, pero souberon defender os seus argumentos con moita astucia... Disfrutade deste segundo capítulo de "Un debate... con empate!": Podcast - 2º e 3º "Un debate con empate" - O Fútbol (SI ou NON)

OS LIBROS DA MERENDA (Rap e videocontos)

Imaxe
Na clase de Música estivemos a rapear os poemas da colección de minicontos "Os libros da merenda", da editorial Urco. Son unhas fábulas escritas por Martinho Terrafría e ilustradas por Vladimir Zatonsky que traballan valores e hábitos saudables. Ademáis coloreamos as ilustracións de cada libro para crear uns fermosos videocontos . Utilizamos o equipamento de radio para gravar os raps sobre unhas bases de uso libre . Aquí tedes o rap que gravou cada curso: 1º - XOANA a Ra Lacazana  2º e 3º - BESTEIRA a Cebola Falangueira 4ºA - FARIÑEIRO o Burro Larpeiro 4ºB - ELADIA a Ovella Sabia 5º - SEÑOR FIZ o Repolo Feliz 6º - DON BENTO o Porco Fedorento

UN DEBATE CON EMPATE: traballo en grupo (SI ou NON)

Esta é a 1ª entrega deste programa de debates . Nesta ocasión está protagonizado polo alumnado de 4º curso, que realizou o programa na área de Lingua Galega, para poñer en práctica  a "argumentación" para a defensa dunha postura. Neste caso, o alumnado dividiuse en 2 grupos e tratou de defender as razóns polas que están a favor ou en contra da realización de "traballos en grupo" . Non volo perdades porque está moi, pero que moi... interesante! Podcast - Un debate con empate: "O traballo en grupo"

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)