Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

ENTROIDO 2022 - Os personaxes de Galicia.

Imaxe
As alumnas e alumnos de 5ºB fixemos un traballo recollendo os principais personaxes do Entroido galego: dende os Cigarróns aos Xenerais , dende os Choqueiros aos Volantes , dende o Oso de Salcedo ás Troteiras e Troteiros de Bande. Que teñades un BO ENTROIDO! Podcast - 5ºB Os personaxes do Entroido galego.

Día de ROSALÍA (23 de febreiro 2022)

Imaxe
  Para celebrar o Día de Rosalía de Castro gravamos este fermoso podcast na radio. Aquí falamos sobre a autora e recordamos o poema "Miña casiña, meu lar" no que aparece o seu "caldo de gloria"... que nós acompañamos cunhas receitas de cociña! Podcast - 5ºA Día de Rosalía 2022

OBRADOIRO DE FORMACIÓN 2021-22 (Asociación PONTE NAS ONDAS)

Imaxe
  O 21 de xaneiro de 2022, o alumnado de 5º e 6º curso recibiu a formación anual en Radio Escolar. Esta vez a formación estivo a cargo de Damián, integrante da Asociación "Ponte nas ONDAS", que está a facer un gran labor educativo, como poderedes ver na súa web "Escolas nas Ondas" . Neste obradoiro, ademáis de aprender técnicas para mellorar a nosa voz diante dun micrófono (xogos de vocalización, cambios de tono, lectura avanzada...) tamén gravamos un programa improvisado entre todos/as, e saiu moi variado e divertido.... Esperamos que vos guste! Accede aquí ao programa: Podcast - 5º6º Obradoiro de formación PNO!

Batalla Casal do Eirigo (Concurso Día Mundial da Radio "Ponte nas Ondas" - 13 febreiro)

Imaxe
Disfrutade con este traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5ºB con motivo da participación no Concurso para o Día Mundial da Radio (13 febreiro) convocado pola Asociación "Ponte nas Ondas".  O programa, xunto co resto de participantes, será colgado na web "Escolas nas Ondas" , no apartado do concurso. No seguinte podcast poderemos revivir a fazaña realizada polos lugareños valgueses ao enfrentarse ás poderosas tropas francesas de Napoleón Bonaparte, alá polo ano 1809. Podcast - 5ºB Batalla de Casal do Eirigo  

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)