Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

ADIVIÑA o animal...

Imaxe
  Na clase de Proxecto Competencial de 1º curso preparamos unhas pequenas adiviñas para seguir practicando coa radio... Esta vez demos un paso máis e, superando a improvisación, buscamos unhas sinxelas adiviñas graciosas para realizar un traballo ben feito! Escoitar o podcast - 1º ADIVIÑA O ANIMAL

Entrevista a LEO MESSI

Imaxe
  Durante as clases de Proxecto Competencial de 4º curso buscamos temas de interese para o alumnado, e "casualmente" decidimos buscar información sobre Leo Messi. Primeiro fixemos un pequeno traballo con aspectos da súa vida empregando o editor de texto, practicamos co ordenador (facer un documento, descargar imaxes, xestionar os arquivos en carpetas...) e finalmente preparamos esta entrevista ao famoso futbolista , que tivemos a sorte de que nos atendera uns minutiños...  Agora xa sabemos un pouco máis sobre a súa vida persoal e profesional... Escoitar o podcast - 4º Entrevista a LEO MESSI

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Imaxe
  Durante a "Hora de Ler" preparamos esta bonita narración do conto clásico da Carapuchiña Vermella. Logo introducimos uns poucos efectos de son e... listo: este é o resultado! Escoitar o podcast: CONTO DA CARAPUCHIÑA VERMELLA (1º curso)

CHISTEANDO con 1º

Imaxe
Este é o primeiro programa deste ano 2023-24!! Foi gravado en directo, sen edición, facendo probas co alumnado de Proxecto Competencial de 1º curso... Nesta ocasión decidimos contar uns CHISTES algo improvisados... e este foi o resultado, esperamos que vos divirtades!! Escoitar o Podcast - Chisteando con 1º

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)