Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

6ºA - Debate de NADAL: Papá Noel, Reis Magos ou Apalpador?

Imaxe
  Ante a chegada do Nadal, o alumnado de 6ºA quere entretervos con este divertido programa no que se debate quen che gusta máis: Papá Noel, os Reis Magos... ou o Apalpador? De seguro que será difícil dicir cousas malas de cada un deles, pero os vosos compañeirxs tratarán de argumentar a favor de cada un deles por equipos... Enlace a imaxes de Instagram e por fin... xa podedes escoitar o podcast aquí: Podcast - 6ºA Debate de NADAL

Entrevista a NEREA NOVO ROMERO (campioa España de piragüismo)

Imaxe
  O alumno de 6º curso Lucas Novo entrevista na casa á súa irmá , Nerea Novo Romero, tras proclamarse campioa de España de piragüismo e clasificarse en 5 posto no campionato do mundo. Nerea foi tamén alumna do noso colexio e está a amosar unha gran capacidade de superación que sirve de exemplo e motivación para todos nós. Escoita o podcast - Entrevista a Nerea Novo Romero

RADIOEMOCIÓNATE no CEP Xesús Ferro Couselo

Imaxe
  PINCHA AQUÍ PARA: ESCOITAR O PROGRAMA   En novembro de 2022 recibimos a visita da Asociación "Ondiñas" de Vigo, quen en colaboración con "Sí radio" ofreceunos unha exposición temporal sobre a Historia da Radio no corredor do noso colexio.  Ademáis preparamos un gran programa de radio, presentado por Amparo e con preguntas elaboradas polo alumnado de 6º curso, quen tamén entrevistou aos seus familiares para que nos contaran como e cando escoitan a radio...   As entrevistas realizadas durante a gravación do programa foron a: - José María Bello Maneiro (alcalde de Valga) - Samuel Rial Maneiro (ex-alumno do colexio, destacando pola súa traxectoria académica) - David Seijas (presentador do programa de radio local "Palco de Estrelas" sobre orquestras) Finalmente, por problemas de duración do programa, non se incluiu a entrevista a Nerea Novo Romero , tamén ex-alumna, campioa de España de piragüismo na súa categoría, a quen entrevistou na casa o seu irmá

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)