Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Artur e Clementina (conto e debate) - 1º2º cursos

Imaxe
Como parte do desenvolvemento do Plan de Igualdade no colexio traballamos a partir de contos. Un deles foi "Artur e Clementina", dúas tartarugas que forman unha parella. Os nenos e nenas de 1º e 2º curso, coa axuda da titora, narran o conto e realizan un debate final na radio sobre o comportamento destas tartarugas. Como o fixeron tan ben, decidimos convertir este podcast nun Videoconto empregando os debuxos que eles mesmos fixeron sobre o conto, e colgámolo na web do cole. Que o disfrutedes! Podcast - Artur e Clementina (conto e debate)

Obradoiro de Radio 2019-20

Imaxe
Este curso recibimos a formación para o alumnado impartido por dous profesionais da radio: Pablo Portabales e Loreto Silvoso, que codirixen o magazine local "Voces de A Coruña", que se emite de luns a venres de 8 a 12 da mañá. Este é o resultado da gravación realizada na sesión impartida por Pablo Portabales, onde repasamos as seccións que pode incluir un programa radiofónico, como a publicidade, o informativo, etc. Podcast - Obradoiro 2019-20 - Pablo Portabales

DEPORTES - noticieiro 1

Imaxe
Este é o lanzamento do Noticieiro sobre DEPORTES de Onda Ferro, onde se destacan as novas que acontecen tanto no deporte profesional como no patio do colexio. Este primeiro noticieiro vai adicado ao fútbol e o bádminton. Realizado libremente e sen axuda por varios compañeiros de 5º e 6º curso: Diego, Ángela, Álex e César. Que comecen os deportes! Podcast - DEPORTES - noticieiro 1

Todo sobre os VIDEOXOGOS

Imaxe
Os nenos de 6º tamén se sentiron atraídos polo traballo que as súas compañeiras realizaban na radio e decidiron facer o seu propio programa, nesta ocasión, adicado aos VIDEOXOGOS. Empregando un formato similar, con presentador e tertulianos, os rapaces abordan diversos temas sobre os videoxogos: vantaxes e inconvintes do seu uso, consellos para un xogo saudable, trucos, novidades, entrevistas... Unha visión moi completa sobre o tema! Podcast - Todo sobre os Videoxogos

AS VERDADES DO COLE - 1º programa: "CHISTES"

Imaxe
O equipo de radio formado polas nenas de 5º curso, que voluntariamente se xuntaron para explorar as posibilidades da radio, dá como primeiro froito este primeiro capítulo do programa que elas mesmas deron en chamar "As verdades do cole". Tomando como tema os "chistes", mixturan o seu propio humor con entrevistas no patio adornadas con inxeniosos efectos sonoros que vos farán rir a gargalladas... Coidado coa presentadora, que ese día almorzou con café... Podcast - As verdades do cole 1 - CHISTES

RAP do Samaín (5º curso)

Imaxe
Estupendo Rap gravado polo alumnado de 5º curso recitando os poemas que eles mesmos crearon para o concurso de poemas terroríficos no Samaín deste curso 2019-20. Unha pena que o son da base non quedara ben gravado, pero merece a pena escoitar como rapean estes artistas! Yeah! Podcast - Rap do Samaín 5º

Happy HALLOWEEN 2

Imaxe
Traballo realizado en Inglés por 6º curso, neste caso fala o grupo formado por Ana, Irene, Diego e Alexandre... Enjoy it! Podcast - Happy Halloween 2nd

Happy HALLOWEEN 1

Imaxe
Traballo realizado en Inglés por 6º curso, a modo de entrevista, na que o equipo formado por Ángela, Paula, Xabier, Helena e Mateo nos falan sobre o Halloween... Podcast - Happy Halloween 1st

5º - A orixe do SAMAÍN

Imaxe
Programa realizado polos os nenos e nenas de 5º curso, no que nos explican a orixe da festa do Samaín, e moito máis! Podcast - A orixe do Samaín

Animais en perigo de extinción

Imaxe
Programa realizado totalmente por Brais Suárez, Pablo e Cándido de 5º curso. Despois de buscar a información que querían contar, seleccionaron a música e os sons, manexaron a mesa de mezclas e... aquí está o resultado! Bo traballo rapaces! Podcast - Animais en perigo de extinción

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)