Blogue da RADIO ESCOLAR
do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
DEPORTES - noticieiro 1
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Este é o lanzamento do Noticieiro sobre DEPORTES de Onda Ferro, onde se destacan as novas que acontecen tanto no deporte profesional como no patio do colexio.
Este primeiro noticieiro vai adicado ao fútbol e o bádminton.
Realizado libremente e sen axuda por varios compañeiros de 5º e 6º curso: Diego, Ángela, Álex e César.
Que comecen os deportes!
Para celebrar o Día da Muller , ademáis dos traballos realizados polo alumnado nos que entrevistaron a mulleres da súa familia, cos que fixemos uns murais... recibimos a visita de dúas veciñas de Valga, Esther e Custodia , para contarnos como era a vida fai anos e compartir con nós unha bonita conversa . Todo o alumnado do cole disfrutou desta xornada a aprendeu a valorar un pouco máis o que teñen hoxe en día e recoñeceron que é importante coidar de todas as persoas da familia e seres queridos. Grabamos un bonito programa de radio que podedes escoitar editado aquí: Podcast - 8M Día da Muller 2023 - "Esther e Custodia" Tamén editamos un vídeo da entrevista!
Na clase de Música estivemos a rapear os poemas da colección de minicontos "Os libros da merenda", da editorial Urco. Son unhas fábulas escritas por Martinho Terrafría e ilustradas por Vladimir Zatonsky que traballan valores e hábitos saudables. Ademáis coloreamos as ilustracións de cada libro para crear uns fermosos videocontos . Utilizamos o equipamento de radio para gravar os raps sobre unhas bases de uso libre . Aquí tedes o rap que gravou cada curso: 1º - XOANA a Ra Lacazana 2º e 3º - BESTEIRA a Cebola Falangueira 4ºA - FARIÑEIRO o Burro Larpeiro 4ºB - ELADIA a Ovella Sabia 5º - SEÑOR FIZ o Repolo Feliz 6º - DON BENTO o Porco Fedorento
Con motivo de participar no XXVII Certame Literario Intercentros polas Letras Galegas deste curso 2024-25, Inés Vázquez Soutullo volveu ser premiada ao escribir un novo cómic, titulado "A flor da vida" , que é a segunda parte do seu traballo premiado o ano pasado, "A tumba perdida". Como estes traballos de banda deseñada teñen tanta calidade artística e literaria, decidimos convertilos en películas! Así que deixamos aquí os enlaces para ver ou escoitar este traballo en diferentes versións: Película: "A flor da vida" (videoconto 2025) Podcast: "A flor da vida" (audioconto 2025) E tamén deixamos aquí os enlaces á primeira parte desta saga cinematográfica: Película: "A tumba perdida" (videoconto 2024) Podcast: "A tumba perdida" (audioconto 2024) Bravo INÉS, esperamos que a saga continúe e nos sigas ofrecendo máis historias protagonizadas por María e o seu avó! Que emocionante!
Comentarios
Publicar un comentario