Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

3º POEMAS DE OTOÑO

Imaxe
  A chegada do outono marca o comezo do curso escolar, todavía queda unha longa temporada de frío, traballo e esforzo... Pero "ao mal tempo, boa cara!"  Por iso decidimos adicarlle uns poemiñas a esta estación. Os poemas fixémolos na clase coa profe Noelia... xa podedes escoitalos e ver como quedaron! Escoitar podcast - 3º Poemas de Otoño

EYE OF TIGER en galego - "ENTRENAR"

Imaxe
Tamén empregamos o equipamento de radio para poder gravar as nosas cancións favoritas. Nesta ocasión compartimos esta versión en galego da famosa canción da película Rocky, que aproveitamos para utilizar nos espectáculos do Entroido deste ano!  Escoitar "ENTRENAR" - Versión en GALEGO do tema "Eye of the Tiger"

ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron

Imaxe
  Logo de procurar a información necesaria e repartir os diálogos... Dani e Aaron de 3º curso fan un programa para achegarnos ao mundo da Arqueoloxía , a ciencia que estuda o noso pasado! Nótase ben que estes nenos teñen moito interese por esta ciencia e a radio é o medio perfecto para compartilo con todos nós... De seguro que pronto se anima alguén máis para continuar con programas desta temática! Escoitar o podcast - ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron 3º

Obradoiro de radio 2024 - con DAMIÁN da Asociación PONTE NAS ONDAS

Imaxe
O 8 de abril de 2024 r ecibimos a visita de Damián, da Asociación “Ponte nas Ondas”, para realizar un obradoiro de formación do alumnado en técnicas radiofónicas, no marco do programa “Radio na Biblio”.  Traballáronse primeiro aspectos de motivación, vocalización, expresividade, énfase...   Logo revisáronse temáticas e formatos de programa de radio posibles. Traballamos en grupos e elaboramos “escaletas” ou guións para programas e finalmente, despois de preparar os diálogos , gravamos este programa especial de variedades: Escoitar o Podcast - 5º6º Programa de variedades (Obradoiro de Radio)

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)