Obradoiro de radio 2024 - con DAMIÁN da Asociación PONTE NAS ONDAS
O 8 de abril de 2024 recibimos a visita de Damián, da Asociación “Ponte nas Ondas”, para realizar un obradoiro de formación do alumnado en técnicas radiofónicas, no marco do programa “Radio na Biblio”.
Traballáronse primeiro aspectos de motivación, vocalización, expresividade, énfase...
Logo revisáronse temáticas e formatos de programa de radio posibles. Traballamos en grupos e elaboramos “escaletas” ou guións para programas e finalmente, despois de preparar os diálogos, gravamos este programa especial de variedades:
Comentarios
Publicar un comentario