Para celebrar o Día da Muller , ademáis dos traballos realizados polo alumnado nos que entrevistaron a mulleres da súa familia, cos que fixemos uns murais... recibimos a visita de dúas veciñas de Valga, Esther e Custodia , para contarnos como era a vida fai anos e compartir con nós unha bonita conversa . Todo o alumnado do cole disfrutou desta xornada a aprendeu a valorar un pouco máis o que teñen hoxe en día e recoñeceron que é importante coidar de todas as persoas da familia e seres queridos. Grabamos un bonito programa de radio que podedes escoitar editado aquí: Podcast - 8M Día da Muller 2023 - "Esther e Custodia" Tamén editamos un vídeo da entrevista!
Na clase de Música estivemos a rapear os poemas da colección de minicontos "Os libros da merenda", da editorial Urco. Son unhas fábulas escritas por Martinho Terrafría e ilustradas por Vladimir Zatonsky que traballan valores e hábitos saudables. Ademáis coloreamos as ilustracións de cada libro para crear uns fermosos videocontos . Utilizamos o equipamento de radio para gravar os raps sobre unhas bases de uso libre . Aquí tedes o rap que gravou cada curso: 1º - XOANA a Ra Lacazana 2º e 3º - BESTEIRA a Cebola Falangueira 4ºA - FARIÑEIRO o Burro Larpeiro 4ºB - ELADIA a Ovella Sabia 5º - SEÑOR FIZ o Repolo Feliz 6º - DON BENTO o Porco Fedorento
Con motivo de participar no XXVII Certame Literario Intercentros polas Letras Galegas deste curso 2024-25, Inés Vázquez Soutullo volveu ser premiada ao escribir un novo cómic, titulado "A flor da vida" , que é a segunda parte do seu traballo premiado o ano pasado, "A tumba perdida". Como estes traballos de banda deseñada teñen tanta calidade artística e literaria, decidimos convertilos en películas! Así que deixamos aquí os enlaces para ver ou escoitar este traballo en diferentes versións: Película: "A flor da vida" (videoconto 2025) Podcast: "A flor da vida" (audioconto 2025) E tamén deixamos aquí os enlaces á primeira parte desta saga cinematográfica: Película: "A tumba perdida" (videoconto 2024) Podcast: "A tumba perdida" (audioconto 2024) Bravo INÉS, esperamos que a saga continúe e nos sigas ofrecendo máis historias protagonizadas por María e o seu avó! Que emocionante!
Comentarios
Publicar un comentario