Publicacións

PEQUENXS EMPRENDEDORXS

Imaxe
O alumnado de 6º curso realizou coa titora este traballo no que se dan a coñecer os distintos roles necesarios para a creación e xestión dunha empresa, toda unha tarefa para promover o espíritu emprendedor! Cada pequeno grupo de traballo diseñou a súa propia empresa e gravaron estes anuncios para promocionarse: Podcast - Grupo 1 - "Refrescos FreskiFRESH" Podcast - Grupo 2 - "Viños MANOLO" Podcast - Grupo 3 - "Restaurante SextoTACO" Podcast - Grupo 4 - "Videoxogos FerroGAMERS"

8M - DÍA DA MULLER 2023 - Conversa con ESTHER e CUSTODIA

Imaxe
  Para celebrar o Día da Muller , ademáis dos traballos realizados polo alumnado nos que entrevistaron a mulleres da súa familia, cos que fixemos uns murais... recibimos a visita de dúas veciñas de Valga, Esther e Custodia , para contarnos como era a vida fai anos e compartir con nós unha bonita conversa . Todo o alumnado do cole disfrutou desta xornada a aprendeu a valorar un pouco máis o que teñen hoxe en día e recoñeceron que é importante coidar de todas as persoas da familia e seres queridos. Grabamos un bonito programa de radio que podedes escoitar editado aquí: Podcast - 8M Día da Muller 2023 - "Esther e Custodia" Tamén editamos un vídeo da entrevista!

6ºA - Debate de NADAL: Papá Noel, Reis Magos ou Apalpador?

Imaxe
  Ante a chegada do Nadal, o alumnado de 6ºA quere entretervos con este divertido programa no que se debate quen che gusta máis: Papá Noel, os Reis Magos... ou o Apalpador? De seguro que será difícil dicir cousas malas de cada un deles, pero os vosos compañeirxs tratarán de argumentar a favor de cada un deles por equipos... Enlace a imaxes de Instagram e por fin... xa podedes escoitar o podcast aquí: Podcast - 6ºA Debate de NADAL

Entrevista a NEREA NOVO ROMERO (campioa España de piragüismo)

Imaxe
  O alumno de 6º curso Lucas Novo entrevista na casa á súa irmá , Nerea Novo Romero, tras proclamarse campioa de España de piragüismo e clasificarse en 5 posto no campionato do mundo. Nerea foi tamén alumna do noso colexio e está a amosar unha gran capacidade de superación que sirve de exemplo e motivación para todos nós. Escoita o podcast - Entrevista a Nerea Novo Romero

RADIOEMOCIÓNATE no CEP Xesús Ferro Couselo

Imaxe
  PINCHA AQUÍ PARA: ESCOITAR O PROGRAMA   En novembro de 2022 recibimos a visita da Asociación "Ondiñas" de Vigo, quen en colaboración con "Sí radio" ofreceunos unha exposición temporal sobre a Historia da Radio no corredor do noso colexio.  Ademáis preparamos un gran programa de radio, presentado por Amparo e con preguntas elaboradas polo alumnado de 6º curso, quen tamén entrevistou aos seus familiares para que nos contaran como e cando escoitan a radio...   As entrevistas realizadas durante a gravación do programa foron a: - José María Bello Maneiro (alcalde de Valga) - Samuel Rial Maneiro (ex-alumno do colexio, destacando pola súa traxectoria académica) - David Seijas (presentador do programa de radio local "Palco de Estrelas" sobre orquestras) Finalmente, por problemas de duración do programa, non se incluiu a entrevista a Nerea Novo Romero , tamén ex-alumna, campioa de España de piragüismo na súa categoría, a quen entrevistou na casa o seu irmá...

Teatro "O XUÍZO FINAL" 5ºB

Imaxe
  O "xuízo final" é unha comedia teatral en galego creada polo alumnado de 5ºB, con motivo do Día das Letras Galegas, para traballar na aula a creación dun texto dramático. Finalmente, ademáis de representar a obra diante dos compañeiros (podedes ver o vídeo aquí ), tamén gravamos as voces na radio escolar, para non perder ningún detalle dos diálogos, que non teñen desperdicio... Podcast - 5ºB Teatro "O xuízo final"

5º O Camiño PORTUGUÉS

Imaxe
  Con motivo do "ano Xacobeo" estivemos traballando ao longo do curso un proxecto sobre o Camiño de Santiago, en especial o camiño que pasa polo noso concello, é dicir, o Camiño Portugués... Neste programa amosamos o resultado final das investigacións levadas a cabo... Esperamos que vos guste e vos anime a poñer as botas para facer o Camiño de Santiago!        Podcast - 5ºA "O camiño Portugués"

1º TEATRO "O galo cantor"

Imaxe
  Este podcast é a narración do conto "O galo cantor", a historia dun galo que olvida como cantar cando se entera de que os granxeiros o queren cociñar... Esta obra foi representada con disfraces tamén polo alumnado de 2º curso, durante a visita do alumnado do CRA de Valga. A narración foi gravada polo alumnado de 1º curso durante a clase de música. Xa podedes disfrutar desta simpática narración picando no seguinte enlace: Podcast - 1º "O galo cantor"  

WOMEN'S DAY 2022

Imaxe
  Programa integramente gravado en inglés polo alumnado de 6º curso. Nesta ocasión, con motivo do 8M, adicamos as nosas palabras a destacar mulleres de importancia na historia, como a pintora mexicana Frida Kahlo, a astronauta estadounidense Sally Ride, a activista pakistaní Malala Yousafzai, a etóloga inglesa Jane Goodall e a política india Indira Gandhi. Podcast - 6º Women's Day

ENTROIDO 2022 - Os personaxes de Galicia.

Imaxe
As alumnas e alumnos de 5ºB fixemos un traballo recollendo os principais personaxes do Entroido galego: dende os Cigarróns aos Xenerais , dende os Choqueiros aos Volantes , dende o Oso de Salcedo ás Troteiras e Troteiros de Bande. Que teñades un BO ENTROIDO! Podcast - 5ºB Os personaxes do Entroido galego.

Día de ROSALÍA (23 de febreiro 2022)

Imaxe
  Para celebrar o Día de Rosalía de Castro gravamos este fermoso podcast na radio. Aquí falamos sobre a autora e recordamos o poema "Miña casiña, meu lar" no que aparece o seu "caldo de gloria"... que nós acompañamos cunhas receitas de cociña! Podcast - 5ºA Día de Rosalía 2022

OBRADOIRO DE FORMACIÓN 2021-22 (Asociación PONTE NAS ONDAS)

Imaxe
  O 21 de xaneiro de 2022, o alumnado de 5º e 6º curso recibiu a formación anual en Radio Escolar. Esta vez a formación estivo a cargo de Damián, integrante da Asociación "Ponte nas ONDAS", que está a facer un gran labor educativo, como poderedes ver na súa web "Escolas nas Ondas" . Neste obradoiro, ademáis de aprender técnicas para mellorar a nosa voz diante dun micrófono (xogos de vocalización, cambios de tono, lectura avanzada...) tamén gravamos un programa improvisado entre todos/as, e saiu moi variado e divertido.... Esperamos que vos guste! Accede aquí ao programa: Podcast - 5º6º Obradoiro de formación PNO!

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)