Publicacións

EYE OF TIGER en galego - "ENTRENAR"

Imaxe
Tamén empregamos o equipamento de radio para poder gravar as nosas cancións favoritas. Nesta ocasión compartimos esta versión en galego da famosa canción da película Rocky, que aproveitamos para utilizar nos espectáculos do Entroido deste ano!  Escoitar "ENTRENAR" - Versión en GALEGO do tema "Eye of the Tiger"

ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron

Imaxe
  Logo de procurar a información necesaria e repartir os diálogos... Dani e Aaron de 3º curso fan un programa para achegarnos ao mundo da Arqueoloxía , a ciencia que estuda o noso pasado! Nótase ben que estes nenos teñen moito interese por esta ciencia e a radio é o medio perfecto para compartilo con todos nós... De seguro que pronto se anima alguén máis para continuar con programas desta temática! Escoitar o podcast - ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron 3º

Obradoiro de radio 2024 - con DAMIÁN da Asociación PONTE NAS ONDAS

Imaxe
O 8 de abril de 2024 r ecibimos a visita de Damián, da Asociación “Ponte nas Ondas”, para realizar un obradoiro de formación do alumnado en técnicas radiofónicas, no marco do programa “Radio na Biblio”.  Traballáronse primeiro aspectos de motivación, vocalización, expresividade, énfase...   Logo revisáronse temáticas e formatos de programa de radio posibles. Traballamos en grupos e elaboramos “escaletas” ou guións para programas e finalmente, despois de preparar os diálogos , gravamos este programa especial de variedades: Escoitar o Podcast - 5º6º Programa de variedades (Obradoiro de Radio)

PELLETS nas nosas costas (5º e 6º)

Imaxe
  Con motivo da traxedia medioambiental sucedida nas nosas costas a comezos de 2024, o alumnado de 5º e 6º curso buscamos información para saber un pouco máis do que estaba sucedendo. Para elo contrastamos información de diferentes xornais de Internet e elaboramos un programa no que damos resposta a diversas preguntas.  Con este traballo amosamos a nosa preocupación polos sucesos reais que nos afectan directamente, tratando de buscar a mellor solución dende un punto de vista medioambiental. Escoitar o podcast - 5º6º Pellets nas nosas costas .

JINGLES para presentación da radio (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)

Imaxe
    Aquí poderás escoitar os NOVOS JINGLES para a radio gravados neste curso 2023-24 co alumnado de TODOS os cursos! A música utilizada para cada un dos jingles está descargada da plataforma Audionautix.com , que ofrece moita música sen dereitos de autor para ser utilizada libremente!   JINGLES de 1º: Xuntos        Noel      Naiara      Mateo      Martiño         Lois      Iván        Hugo      Daniela      Breixo   JINGLES de 2º:   Xuntos 1     Uxía      Rubén     Román      Nuria       Nico           Naida      Martín       María       Marco       Íker      Enzo     André   JINGLES de 3º:  Xuntos 1       Xuntos 2        Uxía      Tareixa       Sergio       Noel     Mauro       Martina M.      Martina F.       Iñaki        Elia       Dani      Aaron        JINGLES de 4º: Xuntos         Estilo Mexico       Xaime        Sara         Mario         Lucía         Inés Hernán         Diego        Daniela         Anxo         Antía         Aarón JINGLES de 5º e 6º: Xuntos 1  

DORAEMON en el Caribe

Imaxe
  Co alumnado de Proxecto Competencial de 3º curso puxémonos a xogar con marionetas, para activar a nosa creatividade... e isto foi o que pasou!! Decidimos crear unha historia cos personaxes de Doraemon: Nobita, Sisuka... Así que construimos as nosas propias marionetas para facer un teatro de sombras!  Despois repasamos o guión e gravámolo na radio ... e puxémoslle efectos de son! O último paso foi crear un audiovisual para proxectalo e facer as sombras sobre ese fondo... quedou chulísimo! Este é o vídeo de fondo sin marionetas (para descargar e facer o teatro). Tamén fixemos un cartel para anunciar a nosa representación teatral! Este foi o resultado: Podcast - 3º DORAEMON EN EL CARIBE (audio da obra) (Cartel anunciador do teatro de sombras) (Diseñando o cartel) (Confeccionando as marionetas) (Marionetas manipulables para sombras) (Mecanismo traseiro das marionetas)

ADIVIÑA o animal...

Imaxe
  Na clase de Proxecto Competencial de 1º curso preparamos unhas pequenas adiviñas para seguir practicando coa radio... Esta vez demos un paso máis e, superando a improvisación, buscamos unhas sinxelas adiviñas graciosas para realizar un traballo ben feito! Escoitar o podcast - 1º ADIVIÑA O ANIMAL

Entrevista a LEO MESSI

Imaxe
  Durante as clases de Proxecto Competencial de 4º curso buscamos temas de interese para o alumnado, e "casualmente" decidimos buscar información sobre Leo Messi. Primeiro fixemos un pequeno traballo con aspectos da súa vida empregando o editor de texto, practicamos co ordenador (facer un documento, descargar imaxes, xestionar os arquivos en carpetas...) e finalmente preparamos esta entrevista ao famoso futbolista , que tivemos a sorte de que nos atendera uns minutiños...  Agora xa sabemos un pouco máis sobre a súa vida persoal e profesional... Escoitar o podcast - 4º Entrevista a LEO MESSI

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Imaxe
  Durante a "Hora de Ler" preparamos esta bonita narración do conto clásico da Carapuchiña Vermella. Logo introducimos uns poucos efectos de son e... listo: este é o resultado! Escoitar o podcast: CONTO DA CARAPUCHIÑA VERMELLA (1º curso)

CHISTEANDO con 1º

Imaxe
Este é o primeiro programa deste ano 2023-24!! Foi gravado en directo, sen edición, facendo probas co alumnado de Proxecto Competencial de 1º curso... Nesta ocasión decidimos contar uns CHISTES algo improvisados... e este foi o resultado, esperamos que vos divirtades!! Escoitar o Podcast - Chisteando con 1º

Obradoiro de Radio - AMBIENTACIÓN SONORA con Pedro Iglesias

Imaxe
  Os días 26 de xaneiro e 9 de febreiro de 2023 recibimos a formación de Radio a cargo de Pedro Iglesias , especialista en comunicación gráfica, sonora e social. Os obradoiros ( 1ª sesión e 2ª sesión ) centráronse na temática da AMBIENTACIÓN SONORA. Foi por isto que creamos as nosas propias producións , realizando paisaxes sonoras de situacións como as seguintes:       AULA             BAÑO           BIBLIOTECA              CAFETARÍA            ESTACIÓN DE TREN HOSPITAL                IGLESIA               PABILLÓN POLIDEPORTIVO             PERRUQUERÍA                     RÍO                   TENDA DE MÚSICA                 PARQUE ZOOLÓXICO

XXV Certame Literario INTERCENTROS - (Letras Galegas 2023)

Imaxe
  Con motivo da celebración do XXV aniversario do Certame Literario Intercentros polas Letras Galegas , o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso preparou unhas obras seguindo as bases do concurso. En cada curso seleccionamos o mellor traballo, para concursar xunto cos traballos do CPI de Pontecesures, o CEIP de Baño-Xanza e o CPI do Progreso de Catoira, centro anfitrión do certame. Estes son os catro traballos premiados do noso cole, os cales decidimos grabar tamén na radio para que todxs poidades disfrutalos! Escoita os traballos nestes podcasts: 3º curso - Sara Pérez Figueira - 1º premio O CACHORRO MAX 4º curso - Xaquín Moure Pérez - 3º premio BURRITANDIA 5º curso - Sandra Calvo Caamaño - 2º premio IMAXINAR 6º curso - Andrea Herrero Suárez - 4º premio COA CABEZA BEN ALTA

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)