Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

CÓMIC - Los Dinosaurios en el Tiempo - (Breixo 1º)

Imaxe
  Xa podedes disfrutar deste cómic en formato audiovisual! Nesta ocasión, o alumnado de Proxecto Competencial baseouse en diferentes cómics da biblioteca para deseñar a súa propia historia.  Logo gravamos as voces na radio, para finalmente, convertilo nun vídeo (engadindo música e efectos...) Ver VIDEO-COMIC : Los dinosaurios en el Tiempo de Breixo (1º curso)

A TUMBA PERDIDA - Banda deseñada (Inés 4º)

Imaxe
  A TUMBA PERDIDA é o cómic creado por Inés Vázquez Soutullo de 4º curso , que recibiu o primeiro premio no XXVI Certame Literario Intercentros polas Letras Galegas convocado, este ano, pola ANPA do CPI Pontecesures, no que participamos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de diferentes colexios da contorna. Como se poderá apreciar, este cómic está cheo de detalles e feito con gran esmero , polo que, ademáis de recibir o premio no certame, consideramos que foi merecedor de ser gravado con voces e incluso convertido nun vídeo-conto!  Inés decidiu pedir a colaboración do seu compañeiro Diego para poñer a voz do avó de María, ambos, personaxes da historia. Esperamos que disfrutedes destas versións do cómic! Podcast - A tumba perdida (audio) Videoconto - A tumba perdida (vídeo)

3º POEMAS DE OTOÑO

Imaxe
  A chegada do outono marca o comezo do curso escolar, todavía queda unha longa temporada de frío, traballo e esforzo... Pero "ao mal tempo, boa cara!"  Por iso decidimos adicarlle uns poemiñas a esta estación. Os poemas fixémolos na clase coa profe Noelia... xa podedes escoitalos e ver como quedaron! Escoitar podcast - 3º Poemas de Otoño

EYE OF TIGER en galego - "ENTRENAR"

Imaxe
Tamén empregamos o equipamento de radio para poder gravar as nosas cancións favoritas. Nesta ocasión compartimos esta versión en galego da famosa canción da película Rocky, que aproveitamos para utilizar nos espectáculos do Entroido deste ano!  Escoitar "ENTRENAR" - Versión en GALEGO do tema "Eye of the Tiger"

ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron

Imaxe
  Logo de procurar a información necesaria e repartir os diálogos... Dani e Aaron de 3º curso fan un programa para achegarnos ao mundo da Arqueoloxía , a ciencia que estuda o noso pasado! Nótase ben que estes nenos teñen moito interese por esta ciencia e a radio é o medio perfecto para compartilo con todos nós... De seguro que pronto se anima alguén máis para continuar con programas desta temática! Escoitar o podcast - ARQUEOLOXÍA con Dani e Aaron 3º

Obradoiro de radio 2024 - con DAMIÁN da Asociación PONTE NAS ONDAS

Imaxe
O 8 de abril de 2024 r ecibimos a visita de Damián, da Asociación “Ponte nas Ondas”, para realizar un obradoiro de formación do alumnado en técnicas radiofónicas, no marco do programa “Radio na Biblio”.  Traballáronse primeiro aspectos de motivación, vocalización, expresividade, énfase...   Logo revisáronse temáticas e formatos de programa de radio posibles. Traballamos en grupos e elaboramos “escaletas” ou guións para programas e finalmente, despois de preparar os diálogos , gravamos este programa especial de variedades: Escoitar o Podcast - 5º6º Programa de variedades (Obradoiro de Radio)

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)