O NOSO COLEXIO
Con motivo da apertura do prazo para solicitar a admisión de alumnado en centros escolares, decidimos adicar o obradoiro anual de formación do alumnado en Radio na Biblio a promocionar o noso colexio.
Deste xeito, cando recibimos a visita de Denís e Pablo, membros do proxecto "RedeEspora" para o fomento da Radio Escolar na mocidade, aproveitamos a formación recibida para adicar o programa realizado a falar sobre o noso cole.
Logo de recibir unha charla na clase, gravamos pequenos programas por equipos, que máis tarde foron editados e xuntados nunha única gravación na que falamos sobre o que máis nos gusta do noso colexio!
Escoitar podcast - O NOSO COLEXIO
Escoitar ppodcast - versión para Radio Valga: O NOSO COLEXIO - Radio Valga 28/01/2025
Ver vídeo: O CEP Xesús Ferro Couselo
Comentarios
Publicar un comentario