HOMENAXE A XESÚS FERRO COUSELO
Con motivo do 50 aniversario do pasamento de Xesús Ferro Couselo, o Concello de Valga organizou un emotivo acto de homenaxe na Igrexa de Cordeiro, xunto ao busto deste ilustre persoeiro de Valga.
Ao acto asistiron familiares do propio Xesús Ferro Couselo, as autoridades locais e o alumnado do noso colexio, e estivo amenizado polo gaiteiro local Pablo Dopazo e a Banda Municipal de Valga.
Nos seguintes enlaces podedes acceder á difusión deste acto na web do concello e tamén no Instagram do colexio sobre a homenaxe.
O alumnado do CEP Xesús Ferro Couselo preparou un texto en memoria do homenaxeado e tamén un fermoso poema, que grabamos nos seguintes podcast para compartilos con todos:
Podcast 1 - TEXTO sobre Don Xesús Ferro Couselo
Podcast 2 - POEMA a Don Xesús Ferro Couselo
Comentarios
Publicar un comentario