Publicacións

ANA FRANK - Monográfico de Elia

Imaxe
  Con motivo do 96 aniversario do nacemento de Anne Frank, Elia Loureiro Varela decidiu realizar este fermoso monográfico sobre esta nena xudía, que se fixo famosa tras ser atopado o diario no que escribía cando ela e asúa familia se ocultaban dos nazis alemáns durante a II Guerra Mundial. Coa colaboración de varios compañeiros da clase, gravamos este programa co que poderedes coñecer a triste pero interesante historia desta nena... e se vos gusta, non dubidedes en ler "O diario de Ana Frank". Podcast - 4º Monográfico sobre ANA FRANK de Elia

A BANDA DO FERRO - "Cordeiro Hits" (CD)

Imaxe
  Aquí vos presentamos o álbum de cancións da nosa banda, A BANDA DO FERRO! As cancións foron creadas polo alumnado nas clases de música co profe Xan, quen se encargou da edición instrumental e grabación do disco... Decidimos titular este primeiro ábum como "Cordeiro HITS" , os grandes éxitos do curso 2024/25. O disco está dispoñible tamén na plataforma BANDCAMP , onde podedes escoitalo e ver as carátulas de cada canción, etc. Ademáis, no colexio, o alumnado poderá acceder a esta plataforma na clase de música e ver o número de reproduccións, os lugares de reproducción, etc. para facer un seguimento do éxito alcanzado con este discazo! Aquí vos deixamos tamén o enlace a cada unha das cancións: 1. O Samaín 2. A cerámica Celta 3. Gústanos o Rap! 4. A lenda de Breogán 5. Galicia en festas! 6. Hino a Don Xesús Ferro Couselo A adquisión deste CD en formato físico foi promovida para a recadación de fondos para o Proxecto UNICAS , para a investigación de Enfermidades Raras:

LOS 3 CERDITOS

Imaxe
O alumnado de 1º curso de Proxecto Competencial interpreta esta improvisación guiada do tradicional conto "Los 3 cerditos". Como é un conto moi coñecido, foi perfecto para improvisar o texto, actuando como verdadeiros actores e actrices! O resultado é un audioconto... delicioso! (Ja, ja, ja... pensaría o lobo...) Escoitar Podcast - 1º LOS 3 CERDITOS  

A FLOR DA VIDA - Videoconto (Inés Vázquez Soutullo)

Imaxe
  Con motivo de participar no XXVII Certame Literario Intercentros polas Letras Galegas deste curso 2024-25, Inés Vázquez Soutullo volveu ser premiada ao escribir un novo cómic, titulado "A flor da vida" , que é a segunda parte do seu traballo premiado o ano pasado, "A tumba perdida". Como estes traballos de banda deseñada teñen tanta calidade artística e literaria, decidimos convertilos en películas! Así que deixamos aquí os enlaces para ver ou escoitar este traballo en diferentes versións: Película: "A flor da vida" (videoconto 2025) Podcast: "A flor da vida" (audioconto 2025) E tamén deixamos aquí os enlaces á primeira parte desta saga cinematográfica: Película: "A tumba perdida" (videoconto 2024) Podcast: "A tumba perdida" (audioconto 2024) Bravo INÉS, esperamos que a saga continúe e nos sigas ofrecendo máis historias protagonizadas por María e o seu avó! Que emocionante!

HOMENAXE A XESÚS FERRO COUSELO

Imaxe
  Con motivo do 50 aniversario do pasamento de Xesús Ferro Couselo, o Concello de Valga organizou un emotivo acto de homenaxe na Igrexa de Cordeiro, xunto ao busto deste ilustre persoeiro de Valga. Ao acto asistiron familiares do propio Xesús Ferro Couselo, as autoridades locais e o alumnado do noso colexio, e estivo amenizado polo gaiteiro local Pablo Dopazo e a Banda Municipal de Valga. Nos seguintes enlaces podedes acceder á difusión deste acto na web do concello e tamén no Instagram do colexio sobre a homenaxe. O alumnado do CEP Xesús Ferro Couselo preparou un texto en memoria do homenaxeado e tamén un fermoso poema, que grabamos nos seguintes podcast para compartilos con todos: Podcast 1 - TEXTO sobre Don Xesús Ferro Couselo Podcast 2  - POEMA a Don Xesús Ferro Couselo

O NOTICIEIRO DE CUARTO

Imaxe
  Aquí vai unha recompilación das noticias locais máis interesantes do último ano, redactadas durante as clases de lingua, para traballar o formato dunha noticia. O alumnado de 4º curso amosa a súa faceta máis xornalística neste traballo cheo de sorprendentes sucesos e curiosidades! Escoitar Podcast - 4º O noticieiro de cuarto As noticias presentadas son as seguintes, nesta orde: Noel - La gran victoria del Cordeiro Sergio - La borrasca Noelia Martina Furelos - El concurso de Valga Dani - Ciclones Iñaki - El "spray vivaz" Elia - 8M "Homenaje a las mujeres de Valga en el mundo del deporte" Martina Mouriño - Las 3 muertes Tareixa - El dinosaurio Aaron - Los carnavales del Ferro Couselo

Entroido 2025 - A VERBENA!

Imaxe
  Aquí vos presentamos o cartel das festas do Entroido 2025 no colexio! Este ano, con motivo do proxecto de centro "As nosas tradicións", adicamos o Entroido ás VERBENAS! Co alumnado de Proxecto Competencial grabamos diferentes presentacións do noso cartel de festas, para animar á nosa comunidade educativa a vir a disfrutar da celebración, que estará chea de sorpresas! Escoitar podcasts:  1º  Verbena de Entroido 2025                                2º  Verbena de Entroido 2025                                4º  Verbena de Entroido 2025                                5º  Verbena de Entroido 2025

O NOSO COLEXIO

Imaxe
  Con motivo da apertura do prazo para solicitar a admisión de alumnado en centros escolares, decidimos adicar o obradoiro anual de formación do alumnado en Radio na Biblio a promocionar o noso colexio.  Deste xeito, cando recibimos a visita de Denís e Pablo, membros do proxecto "RedeEspora" para o fomento da Radio Escolar na mocidade, aproveitamos a formación recibida para adicar o programa realizado a falar sobre o noso cole. Logo de recibir unha charla na clase, gravamos pequenos programas por equipos, que máis tarde foron editados e xuntados nunha única gravación na que falamos sobre o que máis nos gusta do noso colexio! Escoitar podcast - O NOSO COLEXIO Escoitar ppodcast - versión para Radio Valga: O NOSO COLEXIO - Radio Valga 28/01/2025 Ver vídeo : O CEP Xesús Ferro Couselo

POR 4 ESQUINIÑAS DE NADA

Imaxe
  No mes de decembro, o alumnado de 4º curso fixemos un traballo de aula sobre o conto "Por 4 esquinitas de nada", un conto que trata sobre a diversidade das persoas e do fácil que é adaptar o noso entorno para facer posible a inclusión. Na clase traballamos en equipos para confeccionar a versión en galego do conto, empregando cartolinas e recortes. Logo escribimos o texto e grabámolo na radio, para finalmente editar o seguinte videoconto e podcast: Escoitar podcast - 4º Podcast POR 4 ESQUINITAS DE NADA Ver videoconto - 4º Videoconto POR 4 ESQUINITAS DE NADA

¿QUÉ HAY PARA CENAR?

Imaxe
Traémosvos unha lectura do bonito conto "¿Qué hay para cenar?", no que os animais da granxa deben trazar un plan para librarse dun Zorro que chegou da cidade... con moita fame! Primeiro fixemos un casting de voces para ver que personaxe nos viña mellor a cada un, logo grabamos as voces, introducimos música e efectos... e ata editamos un videoconto coas fotos das páxinas do libro! Escoitar Podcast - 4º QUE HAY PARA CENAR podcast Ver Videoconto - 4º QUE HAY PARA CENAR videoconto O alumnado de Proxecto Competencial de 4º curso interpreta aos seguintes personaxes: Pato - SERGIO Oveja - TAREIXA Toro - DANI Gallina - IÑAKI Zorro - ELIA       

Radio na biblio (PLAMBE)

Radio na biblio (PLAMBE)